V San Silvestre
De Monterroso

31 de Decembro de 2021

PERCORRIDOS

O Concello de Monterroso e o colectivo Correr en Monterroso organizan a V San Silvestre de Monterroso. A proba terá lugar o vindeiro venres 31 de decembro, con saída e meta na Praza Conselleiro Fernando Salgado (lado este da cúpula) e discorrerá pola contorna da vila seguindo un percorrido de 4,5KM de distancia.

Logo dunha edición virtual, como foi a do 2020, estamos preparando todo para que o reencontro sexa o mais seguro posible para todos, e poidamos compartir unha xornada de deporte en vésperas de mudar o ano. Como novidade, nesta edición da San Silvestre, empregaremos cronometraxe mediante chip, para poder dar cumprimento a todos os protocolos que estean vixentes na data da proba, sen deixar de outorgar a parte competitiva para todo aquel que así o desexe.

Dende a organización, queremos que a xornada sirva para gozar do deporte nas datas de Nadal, así que convidamos a todo o mundo a participar independentemente do seu nivel. Esperámosvos a [email protected], camiñando ou correndo, disfrazado ou sen disfraz, pero sen deixar de gozar!!!

Se precisas saber mais sobre a carreira, podes facelo consultando o regulamento.

Carreira Absoluta

Carreira SUB 12, SUB 14, SUB 16

Carreira Promoción

Carreira Pitufos

Datas

Apertura de inscripcións

Dende o martes 23 de Novembro poderás inscribirte na V San Silvestre de Monterroso

Peche das inscripcións

Este ano, dado a situación que nos toca vivir, precisamos mais tempo para preparalo todo.

Retirada de dorsais

Os dorsais poderanse retirar os días 30 e 31 de decembro no Espazo Lorenzo Varela

Retirada de dorsais

Os dorsais poderanse retirar os días 30 e 31 de decembro no Espazo Lorenzo Varela

Inicio das Carreiras

O día da proba poderán recollerse os dorsais na zona habilitada pola organización (na cúpula) ata 45’ antes da saída de cada proba.

Inscrición e Lista de participantes

A proba terá carácter SOLIDARIO polo que parte do importe da inscrición (5€ para adultos) será empregado en fins sociais para axudar as familias máis desfavorecidas do concellos.

A inscrición pecharase o DOMINGO 26 de Decembro ás 23:59 horas.

Colaboradores e Organizadores