Percorrido
A cuarta edición da carreira 10K Monterroso 2022 celebrarase o Domingo 11 de Setembro as 11:00, este ano, coa novidade da estrea de percorrido.
O percorrido está pensado para facer mais levadeiro os cambios de desnivel que forman parte da orografía de Monterroso. O longo dos 10k atravesaranse unhas das mellores paisaxes que pode ofrecer a nosa contorna, chea de sombras de árbores frondosas e de pura natureza do interior de Galicia.
Xunto coa carreira, organizase paralelamente unha andaina, de 5km e gratuíta, para todas aquelas persoas que o 10k se lle faga moito pero si queira gozar do ambiente deportivo e dun percorrido similar o da carreira.
O longo do percorrido da carreira estableceranse puntos de avituallamento na saída e chegada, así como nun punto intermedio. O rematar todas as probas haberá un pincho para todos os corredores e voluntarios.
O 10K de Monterroso será a segunda proba do circuíto de carreiras "Circuíto MIño-Ulla", que se celebra xunto a carreiras de pobos veciños. Lembra que podes participar en todas as probas do circuíto de xeito individual ou formando un equipo, podes consultar a información na súa páxina web.
Se precisas saber mais sobre a carreira, podes facelo consultando o regulamento.
Carreira Absoluta
Carreiras Menores
Carreira Pitufos
Andaina
Horario
Recollida de dorsais
Espazo Lorenzo Varela de 10:00 a 14:00
Recollida de dorsais
Espazo Lorenzo Varela de 09:00 a 10:30
Andaina - 5KM
Todas as idades
SUB 20, SENIOR, VETERÁN A, VETERÁN B, VETERÁN C, VETERÁN D - 10KM
(1988-2004) - (1978-1987) - (1968-1977) - (1958-1967) - (1957 e Anteriores)
Pitufos - 100m
(2016 e posteriores)
Promoción - SUB 12 - 500m
(2013-2015) - (2011-2012)
SUB 14, SUB 16, SUB 18 - 1000m
(2009-2010) - (2007-2008) - (2005-2006)
Entrega de premios e pincho
Pincho ao finalizar as diferentes probas para voluntarios e corredores
Inscrición e Lista de participantes
Na carreira absoluta terá un custo de 7€ (máis aluger de chip para os non propietarios).
Os dereitos de inscrición na carreira de menores serán GRATUITOS.
Na andaina hai dúas opcións: a primeira sería inscribirse GRATUITAMENTE, e a segunda é pagar 5€ co que tamén se recibiría a bolsa do corredor.
A inscripción pecharase o MARTES 6 de setembro ás 23:59 horas.
Colaboradores e Organizadores





